Wednesday 15 de May de 2024

Obradoiro de placas de barro no Museo Os Oleiros


O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para un obradoiro no que as persoas que participen aprenderán a técnica da transferencia para plasmar en dúas placas de barro distintas construcións que forman parte do rico patrimonio arquitectónico de Oleiros. A actividade estará impartida polo ceramista Susana Anta, vai dirixida a todos os públicos e ten unha duración de tres xornadas, 11, 18 e 25 de novembro.

Para apuntarse, as persoas interesadas deben dirixirse á web municipal. Para obter máis información sobre o obradoiro é preciso dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado nas Torres de Santa Cruz. Tamén é posible chamar por teléfono ao 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org.

MÁIS INFORMACIÓN: https://www.oleiros.org/actividades-culturais/-/asset_publisher/HSJ5LJ3LSSU6/content/id/842178